Por que traducimos

No epitafio escrito polo poeta vasco Gabriel Aresti, este lanzaba un convite para o soño eterno do seu amigo, o poeta e fundador das Xuventudes Socialistas, Tomás Meabe: “Cierra los ojos y duerme, Meabe, pestaña contra pestaña, no es español quien no sabe, Meabe, las cuatro lenguas de España”.

Aínda coñecendo o difícil da tarefa, ao crear a revista que tedes diante propuxémonos ofrecer os nosos textos nas catro linguas do Estado español: galego, català, euskera e castelá. E aínda que as ganas sobran, a búsqueda de traductores que iniciamos no seu momento ficou pequena ante o volume de información que pretendemos publicar de maneira bimestral.

Seguimos coa firme intención de publicar o material nas catro linguas, quizais non ao mesmo tempo, quizais con moitas semanas de retraso, pero sempre co obxectivo de facer chegarlle a cada lector un texto na lingua coa que máis cómodo se atope, a través do cal poida sentir sen perder a esencia que lle outorga a lingua na que é escrito.

Con este propósito, seguiremos prcurando amigos, apaixoados da linguaxe ou aficionados á lectura que queiram botarnos unha man con esta publicación. Ademáis, agardamos que algún lector desorientado, deses que aínda non formar o noso círculo máis próximo, con garbo, solicite un texto para traducilo á súa lingua.

Agardamos continuar a tecer vínculos con coñecidos e descoñecidos, que desexen enfocar as súas forzas en “facer”, en “levar a cabo”. Para Itsmos será un enorme pracer recibir a aqueles que nos axuden a valorar, tanto como se merece, a pluralidade que loita por facerse ver neste Estado tan desigual.